Colaboramos cos Grupos de Desenvolvemento Rural na dinamización e promoción das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Viños de Galicia. Este proxecto de cooperación ten por obxectivos favorecer a comunicación entre adegas, poñendo en valor a calidade dos seus viños, así como os recursos patrimoniais, paisaxísticos e gastronómicos das súas comarcas. A través do produto local, preténdese situar aos territorios como destinos enoturísticos privilexiados, contribuíndo ao desenvolvemento da economía local e do medio rural.