Acompañamos ao CEP Xosé Neira Vilas, no Concello de Gondomar, no proceso de deseño e dinamización dun camiño escolar seguro. Xunto coa comunidade educativa, procuramos as necesidades existentes para poder facer a pé os traxectos de ida e volta á escola, promovendo hábitos saudables e aumentando a autonomía do alumnado. Divulgouse o proxecto entre a comunidade escolar, promovéronse e dinamizáronse actividades, e realizouse un estudo urbanístico, ambiental e de seguridade da contorna, perfilando as accións necesarias a promover para o uso do camiño escolar.