O Globo nace como ferramenta para a educación na cidadanía global, no seo do Horizonte 2030. A través dun proceso participativo, O Globo colle altura e aspira a converterse nun observatorio e nunha escola para a transformación social. A través da metodoloxía desenvolta de forma colectiva, estruturada nun proceso de “luces, cámara, acción”, as persoas implicadas no Globo deseñan, desenvolven e comparten experiencias de transformación social para trasladalas á sociedade.