Proxecto Candieira. Comezan os programas de acompañamento

Candieira é un proxecto de cooperación entre diferentes Grupos de Acción Locais do Sector Pesqueiro (GALP) para  favorecer o emprendemento das mulleres nas zonas costeiras de Galicia que comezou en xuño de 2017. Cidadania forma parte do equipo técnico que leva adiante este proxecto.

As áreas comprendidas abranguen os territorios dos GALP Ría de Vigo-A Guarda, Ría de Pontevedra, Ría de Arousa, Seo de Fisterra e Ría de Muros-Noia, Costa da Morte e Golfo Ártabro Norte. Entre xuño e outubro tiveron lugar encontros e talleres nos diferentes territorios para idear iniciativas e proxectos a levar adiante polas mulleres das zonas costeiras.

Agora van arrancar dous tipos de programas:

  1. EMBARCA, para iniciativas e proxectos de turismo mariñeiro.
  2. ALIADAS, centrado en potenciar os lazos asociativos entre as mulleres da zona costeira.

Estes programas estrutúranse en diferentes sesións que teran lugar entre os meses de outubro de 2017 e marzo de 2018. Unha das ideas básicas é desenvolver prototipos de proxectos e iniciativas que poidan ser testados previamente a súa posta en marcha. Deste xeito garántese unha mellor adaptabilidade á realidade e unha maior implicación das persoas promotoras.

Para consultar os horarios e lugares das primeiras sesións dos programas, así como para ampliar a información sobre o proxecto podedes ir ao seguinte enlace:

http://www.candieira.net/