Estado da I+D+i no sector cooperativo galego

Estudo cuxo obxectivo central é coñecer o estado de situación de partida das cooperativas ao respecto da I+D+i e das ferramentas TICs, identificando as necesidades que poidan ser comúns e poidan ser atendidas coa adaptación de ferramentas existentes ou o desenvolvemento doutras. Tamén se identifican os obstáculos que poden presentarse para a utilización destas novas ferramentas. Para a realización deste proxecto, solicitouse unha axuda ó Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, no marco da Acción Estratéxica de telecomunicacións e Sociedade da Información, no Plan Avanza 2 (subprograma Avanza I+D), que foi concedida en outubro do ano 2009.