Diagnose Desigualdades para Santiago de Compostela

IGUALDADECidadania desenvolveu para a Concellería de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela a Diagnose Desigualdades, a cal foi presentada o 21 de xaneiro. Podedes ver unha síntese da mesma no seguinte enlace:

Diagnose_Desigualdades_Compostela

A diagnose combinou elementos de análise cun proceso de participación coas  entidades e colectivos de mulleres da cidade. Máis de 50 persoas contribuiron na identificación das principais problemáticas de xénero.

Estratexias dos Grupos de Acción Costeira

gac1aA finais de 2015, Cidadania estivo elaborando as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo para os Grupos de Acción Costeira A Mariña-Ortegal e Ría de Arousa, así como realizou labores de apoio no caso das Estratexias do Grupo de Ría de Pontevedra e Ría de Vigo. As Estratexias tiñan como finalidade servir como intrumento de orientación destas zonas marítimas para o novo período de Fondo Európeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

Para a súa elaboración contouse coa participación das principais entidades e persoas vinculadas ao sector pesqueiro de cada zona, e deuse conta dos principais desafíos que se presentan para este sector nos próximos anos.

 

Video de conclusións do Proxecto Symbios

O seguinte video é unha síntese dos resultados obtidos no transcurso do Proxecto Symbios, no cal Cidadania participou na coordinación técnica. Este proxecto európeo ten como finalidade avaliar o cambio demográfico en determinados territorios europeos como Galicia e as maneiras de abordalo.