Rias sostibles: boas prácticas no sector pesqueiro para o coidado do medio mariño e a redución do lixo

Hoxe compartimos con vos o proxecto Rías Sostibles, que se está a desenvolver na ría de Muros – Noia dende hai uns meses.

O seu obxectivo principal é consolidar prácticas profesionais sostibles na actividade pesqueira para a eliminación do lixo mariño e a valorización do produto pesqueiro.

Para isto, tentamos, dende Cidadanía, reforzar a colaboración entre o sector pesqueiro e entidades ecoloxistas. Desta maneira, fomentamos a concienciación e sensibilización para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños.

O proxecto consta de dúas partes principais: a formación ás persoas do sector pesqueiro para a súa sensibilización ambiental e a identificación de prácticas sostibles no desenvolvemento do seu traballo; e a elaboración conxunta dun protocolo de boas prácticas ambientais. Podedes coñecer mais en profundidade o proxecto visualizando o seguinte vídeo.

Consume Dentro e ensancha a alma da Economía Solidaria

REAS Red de Redes e a Comisión do mercado Social lanzan unha nova campaña para fomentar o consumo de todas as persoas do circuíto da Economía Solidaria. Para isto, crearon esta web na que podes rexistrar os teus consumos habituais, así como mirar ofertas doutras entidades.

¿Qué pasaría se a Economía Solidaria consumira dentro da Economía Solidaria? Mirade o vídeo!