Actualidade

Como introducir a perspectiva de xénero na participación?

Compartimos con vos este interesante vídeo da Escola de participación cidadá do Concello de Narón e dinamizada pola cooperativa Rexenerando, no que reflexionamos sobre as boas prácticas para promover a participación das mulleres en distintos procesos participativos, dende a perspectiva de xénero. A xornada contou coas achegas da cooperativa catalana…

Traballamos coas mulleres do mar da Mariña – Ortegal na construción da súa memoria e identidade colectiva

Neste proxecto promovido polo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro A Mariña – Ortegal no 2020 afondamos na memoria profesional dos colectivos de redeiras e mariscadoras a pé dos concellos de Cedeira, Cariño, Mañón (O Barqueiro) e Burela. A través de reunións en pequenos grupos de mulleres, abordamos anécdotas da súa vida ligada ao mar, fitos…

Guía de modelos de xestión societaria en cooperativas, por EspazoCoop

Esta guía, elaborada pola Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, é unha colección de distintos modelos para a xestión societaria en empresas cooperativas. Quere ser unha ferramenta que axude ás cooperativas a entender, documentar e formalizar distintos trámites de obrigado cumprimento e ten como obxectivo: – Axudar na boa gobernanza da cooperativa. –…

Participamos no II encontro dO Globo, un espazo para a promoción da cidadanía global, iniciativa da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia

O II Encontro do Globo reuniu virtualmente a 80 persoas, que se atoparon nun espazo común no que compartir micro – experiencias de transformación social moi diversas. Neste encontro houbo de todo: unha benvida motivadora, palabras e experiencias dende o outro lado do mundo, música, arte en directo, e tamén unha feira de micro – experiencias de transformación…