Actualidade

Queres contribuír a xerar valor social en Galicia? Coñece Coop57!

Cando gardas o teu aforro en Coop57, os teus cartos poden iniciar diversos camiños pero sempre cun rumbo común: contribuír á transformación social positiva da nosa economía e da nosa sociedade. Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios que apoia proxectos da economía social e solidaria, próximos, viables e democráticos,…

Ana González, nova socia de Cidadania

Estamos de noraboa en Cidadania: Ana González súmase ao noso equipo como socia. Aínda que leva un tempo con nos, a alta como socia na cooperativa formalizouse neste mes de marzo. Non podemos estar máis contentas, sumando ao equipo unha profesional que nos achega novas formas de facer desde unha perspectiva feminista e transformadora. Orgullosas…

Organizamos encontros co sector pesqueiro nos territorios da Costa da Morte e no Golfo Ártabro Norte

Estes proxectos de dinamización teñen por obxectivo informar ás persoas que integran o sector pesqueiro sobre a nova convocatoria do programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que xestionan os GALP. Ademais, estes espazos de participación son importantes de cara a poñer en común as necesidades do sector, e impulsar proxectos que fomenten…

Queredes continuar a vosa formación en cooperativismo?

Para estrear o 2020 con novas ideas, facémonos eco destas propostas formativas que comezan en febreiro, e que tratan sobre diversos temas de interese no mundo das cooperativas: xestión de proxectos, réxime económico fiscal das cooperativas, ou liderado e dirección de organizacións, entre outros, organizados pola Confederación Española de Cooperativas…