Actualidade

Presentamos as conclusións sobre a situación profesional das mulleres da Ría de Arousa
Mediante este proxecto promovido polo Grupo de acción local do sector pesqueiro da Ría de Arousa, pretendeuse poñer en valor a actividade profesional que realizan as mulleres do mar na Ría de Arousa, así como os avances conseguidos en materia de igualdade no sector.
Mediante a recompilación e a análise de datos obtívose unha fotografía da cantidade…

V Congreso de Cidades Amigas da Infancia de UNICEF
Os días 25 e 26 de novembro celébrase en Madrid o V Congreso de Cidades Amigas da Infancia, organizado por UNICEF. Estas dúas xornadas, no marco do 30 aniversario da Declaración dos dereitos do Neno, teñen como protagonista o dereito á participación infantil e adolescente.
A iniciativa das Cidades Amigas da Infancia é un recoñecemento que UNICEF…

Viveiro co-creador: creando comunidade en Barro – Meis
Ao longo do mes de outubro, Cidadanía coordinou un espazo de encontro e coñecemento entre as empresas que forman parte do Viveiro de Barro – Meis, impulsado dende a Deputación de Pontevedra.
As persoas
emprendedoras que teñen a súa actividade instalada no Viveiro
reuníronse para identificar en grupo elementos e necesidades comúns,
de cara a organizarse…

"É colaboración todo o que o parece?" - Xornada Espazo Coop
EspazoCoop promove a celebración da xornada "Novas economías: é colaboración todo o que o parece?", que terá lugar o luns 28 de outubro en Vigo. Na xornada abordaranse novas formas de economía como a Economía do Ben Común, B-Corporations, Economía circular, da funcionalidade, feminista, positiva, procomún, colaborativa, social e solidaria; e diversidade…