Actualidade

Conta oficial de cidadania en GitHub
Dende fai un mes, cidadania ten conta propia en GitHub, a forxa de desenvolvemento basada en GIT de uso libre. Todo o código que desenvolvamos estará dispoñible ahí para todo o mundo. Podedes visitalo en:
http://github.com/cidadania
Recordade que se queredes colaborar no desenvolvemento de e-cidadania podedes facelo dende:
http://dev.ecidadania.org

Publicación sobre Democracia Participativa
Cidadania é parte do conxunto de autoras e autores que sistematizan as súas experiencias en procesos de democracia participativa, e que conforman a publicación 'Democracias participativas y desarrollo local', editada pola Deputación de Málaga.
Cidadania é responsable do artigo 'Cooperativismo e economía social: experiencias para o desenvolvemento local'.…

e-cidadania en Lleida
Cidadania vén de presentar na Conferencia Internacional sobre Participación e novas tecnoloxías, a ferramenta e-cidadania. A Conferencia, organizada polo Observatorio Internacional da Democracia Participativa, foi lugar de encontro de diferentes experiencias de participación e diferentes ferramentas TIC ao servizo da mesma.
Establecimos contacto con diferentes…

Estudo I+D+i en Cooperativas Galegas
Cidadania vén de publicar un estudo realizado en colaboración coa cooperativa Intergal, a Federación de Cooperativas Sinerxia e a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA sobre o grao de implantación das novas tecnoloxías nas cooperativas galegas. A edición conta co apoio da Xunta de Galicia.
Podes acceder ao pdf aquí: http://cidadania.blogaliza.org/files/2011/03/EstadoI+D+iSectorCooperativoGalego.pdf