Actualidade

Video explicativo do sistema de votación

De forma caseira, elaboramos un vídeo para explicar un proceso de votación que presenta dúas dificultades de partida: participará moita xente, polo que debe prever un reconto áxil; e inclúe non só a eleción de 10 propostas, senón a súa priorización.

Cidadania no Congreso de Democracia Participativa

Entre o 15 e o 17 de decembro, celébrase en Málaga o Congreso de Democracia Participativa e Desenvolvemento Local, onde se abordarán reflexions metodolóxiacas e experiencias prácticas en torno a diferentes ámbitos da democracia de base: deseño de políticas públicas, orzamentos participativos, o dereito á cidade, a economía social e a participación…

Proxecto Fénix: a Educación Ambiental en Galicia

Xa está publicado o estudo sobre o estado de situación da educación ambiental na Galicia. Recolle unha parte demoscópica na que ten colaborado Cidadania, ademais de estudos nos ámbitos da profesionalización do sector, as accións municipais, as encadradas no ensino, as do movemento asociativo e ecoloxista, a situación dos equipamentos ambientais e unha…

I Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía

Cidadania vén de participar neste Congreso que se celebrou en Vitoria-Gasteiz entre o 24 e o 26 de novembro. Fomos xunto co equipo técnico de participación do Concello de Ferrol. Luís García presentou a experiencia do Regulamento de Participación Cidadá.Puidemos informarnos de moitas experiencias, pero quedounos ganas de coñecelas máis a fondo e botamos…