Actualidade

Guía sobre terreos eólicos

A Fundación Juana de Vega ven de publicar unha guía dirixida aos propietarios de terreos eólicos, e destinada a favorecer a súa posición negociadora diante das empresas enerxéticas. GuiaParaPropietariosTerreosEolicos

Bolsa da Fundación Caixanova para o Proxecto E-Cidadania

O pasado 13 de decembro de 2010 incorporouse ao noso equipo Oscar Carballal, como bolseiro da Fundación Caixanova para colaborar no proxecto de innovación E-Cidadania. Xa estamos obtendo moi bos resultados da súa colaboración, e presentaremos un propotipo da ferramenta de participación on-line nos próximos meses.

DIAGNOSE COMUNITARIA DE TEIS

O Plan Comunitario de Teis vén de Publicar os resultados da Diagnose Comunitaria realizada durante os anos 2009 e 2010, na que tivo a oportunidade de colaborar Cidadania. O elemento diferenciador deste estudo é o seu carácter participativo e activo, sendo un exemplo de aplicación da metodoloxía do desenvolvemento comunitario e da investigación-acción-participativa. Pilotado…

Asemblea de Cidade na Sexta TV

O sábado 18 de decembro realizouse a asemblea dos orzamentos participativos de Ferrol. Vai aquí o enlace a como foi atendida a nova desde La Sexta TV http://www.lasextanoticias.com/videos/ver/democracia_directa_en_ferrol/356562