Actualidade

Xornada de empresas de inserción laboral

Promovida pola Plataforma polo Emprego, tivo lugar en Santiago o 22 de febreiro unha xornada para dar a coñecer estas empresas e as súas potencialidades na inserción laboral de colectivos en riscos de exclusión. O material de dita xornada pode consultarse aquí: http://cidadania.blogaliza.org/files/2011/02/SeminarioEILEntidadesIniciativaSocial.pdf

As TICs nas democracias participativas, Conferencia Internacional

Neste enlace ofrécese información que consideramos de alto interese sobre a celebración da XIª Conferencia sobre Democracias Participativas, que se centra na temática "Novas tecnoloxías e participación cidadá. Sociedade civil e instrumentos de participación", que vai celebrarse en LLeida entre o 6 e o 9 de abril de 2011. http://www.lleidaparticipa.cat//index_web.php?ap=czo3OiJwb3J0YWRhIjs=&idw=czozOiIxNTkiOw==&idi=czozOiJjYXQiOw==