
Cidadania recibe o premio á excelencia empresarial do Concello de Santiago
O Concello de Santiago celebra o III Premio á excelencia empresarial, onde Cidadania recibe o premio ás boas prácticas de empresas de economía social. Agradecemos ao Concello de Santiago este recoñecemento institucional, e parabenizamos a todas as empresas participantes!

8 propostas gastronómicas por 8 romarías!
Costa da Morte - Terra Atlántica celebra a xornada 8 romarías na que, a través de oito propostas gastronómicas, pon en valor os produtos do mar, do agro, a artesanía e o patrimonio cultural da Costa da Morte.

Aula Sostible Outeiriños
A Aula Sostible de Outeiriños estréase cuns obradoiros de artesanía relacionados co aproveitamento das redes de pesca en desuso. A asociación de mulleres do mar da Ría de Muros - Noia Costa Sostible, ADISBISMUR e MISELA participan desta formación, impartida pola Asociación Illa da Estrela.

Redeiras e mariscadoras amosan os seus oficios nos IES galegos
As escolas do mar pretenden prender a curiosidade da mocidade polos oficios do mar. Redeiras e mariscadoras da Costa da Morte e do Ortegal explican ao alumnado en que consiste o seu traballo, mentres que a rapazada indaga sobre a súa cultura mariñeira.