
Participamos en Consolida+, organizada por EspazoCoop
O pasado venres, EspazoCoop organizou a xornada Consolida+, na que deu a coñecer os resultados do programa de acompañamento e 3 cooperativas consolidadas compartimos a nosa traxectoria coas persoas asistentes.

Comeza Mariscadoras ConCiencia na Ría de Vigo
ANMUPESCA promove Mariscadoras ConCiencia, un proxecto no que tecer pontes entre o ámbito científico - investigador e o sector do marisqueo a pé da Ría de Vigo. Ao longo destes meses visitaranse as zonas de extracción do fondo da Ría de Vigo, onde analizaremos no terreo a situación dos areais ante a mortandade los bivalvos.

Colaboramos co Concello de Burela nos proxectos Ondas Limpas e Burela Alumea
O Concello de Burela pon en marcha dous proxectos ao abeiro das axudas do FEMPA. Burela Alumea xirará entorno á recuperación e posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial pesqueiro. Ondas Limpas centrará as actividades no desenvolvemento dun programa de sensibilización - acción medioambiental.

Horta da Laracha celebrou este fin de semana a súa sétima edición
A Laracha acolleu, os días 3 e 4 de agosto, unha programación chea de actividades relacionadas coa horta e os produtos de proximidade. Produtoras e produtores foron protagonistas do espazo, no que tamén se celebraron obradoiros, actuacións musicais e showcooking.