Colaboramos co Concello de Burela nos proxectos Ondas Limpas e Burela Alumea

O Concello de Burela pon en marcha dous proxectos ao abeiro das axudas do FEMPA. Burela Alumea xirará entorno á recuperación e posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial pesqueiro. Ondas Limpas centrará as actividades no desenvolvemento dun programa de sensibilización - acción medioambiental.

Cidadania celebra 25 anos de traxectoria cooperativa!

As socias e os socios que formamos parte da cooperativa no pasado e no presente xuntámonos para celebrar esta data tan sinalada, atopándonos de novo para compartir anécdotas, traxectorias e tamén moitas emocións. Por moitos mais!

Inaugúrase a exposición Elas Deciden: Corpo, territorio e paz

Inaugúrase, no Museo do Pobo Galego, a exposición de mulleres da pesca costeira artesanal do Salvador e Galicia. Elas Deciden: corpo, territorio e paz, é un proxecto promovido por Asamblea de Cooperación pola Paz Galicia, que promove a igualdade de xénero e a construcción colectiva de alternativas de xustiza social.