Participamos en Consolida+, organizada por EspazoCoop
O pasado venres participamos xunto con Xeitura e Rexenerando nunha xornada na que reflexionamos e compartimos as traxectorias dos nosos proxectos cooperativos.
A xornada, organizada por EspazoCoop, tivo por obxectivo dar a coñecer o programa Consolida+, que consiste na prestación gratuita de asesoramento a cooperativas en funcionamento, para acompañalas no proceso de consolidarse no eido empresarial. A mesa redonda na que participamos estas tres cooperativas con certa traxectoria, permitíu poñer en común a importancia dos acompañamentos, os retos de futuro e a importancia da intercooperación, entre outras cuestións de relevancia.
Dende Cidadania agradecemos a EspazoCoop por contar con nós, Á Morada por acollernos no seu espazo, e a Xeitura e Rexenerando por compartir experiencias, e a Tako Cooperativa por plasmalo todo neste vídeo! https://www.instagram.com/p/DAbuGtlO6vG/
Estreáronse tamén vídeos de cooperativas consolidadas, elaborados por EspazoCoop: Árbore Consumo Consciente, Aventeira e Miraxe! E por se fóra pouco, 50 pés foi tamén salientada coa boa práctica, compartindo coas persoas asistentes os seus proxectos estrela. Botádelle un ollo a todas estas iniciativas da economía social e solidaria!