
Miranda: divulgación dos oficios do mar das mulleres de Cariño
Mariscadoras e redeiras de Cariño desenvolverán un programa de divulgación dos seus oficios entre a mocidade da vila. Ademais, xunto co sector pesqueiro da zona da Mariña - Ortegal, fortalecerán redes de contacto e definirán, en conxunto, problemáticas e solucións aos principais retos do sector pesqueiro da zona.

Ensinamos o corazón facendo balance social, da man de REAS Galicia
O Balance Social é unha carta de presentación das empresas que formamos parte da Economía Social e Solidaria, xa que nos permite poñer en valor boas prácticas e repensar melloras nas nosas organiacións. REAS desenvolve cada ano a campaña #ESS #Ensinaocorazón

Publícase a caixa de ferramentas para as Mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero
A Secretaría Xeral da Igualdade publica este documento práctico, dirixido ás Mesas locais de coordinación inter-institucional contra a violencia de xénero. O obxectivo da caixa de ferramentas é brindar apoio ás entidades locais na posta en marcha de distintos recursos que faciliten o traballo destes espazos cooperativos.

Nove mares: os Camiños do mar e os seus Oficios nos espazos xeradores de cultura
Nove Mares: a cultura marítima da Costa da Morte, é unha iniciativa promovida pola Fundación Eduardo Pondal. A través dos espazos xeradores de cultura, indagamos sobre a relevancia da cultura mariñeira para o territorio como un dos principais motores de identidade diferencial e desenvolvemento socio económico da Costa da Morte.