Participa do receitario da Costa da Morte Terra Atlántica

Costa da Morte Terra Atlántica continúa con actividades para poñer en valor a riqueza gastronómica, cultural e empresarial do territorio. En abril arranca un concurso de receitas, co fin de destacar á gran riqueza e calidade dos produtos destas comarcas, e no que os animamos a amosar as vosas destrezas culinarias participando no certame que se desenvolverá dende abril ata setembro. Podes elaborar unha receita e posteala no teu Instagram, baixo os hashtag #MarcaCostaDaMorte, #marcaterratlantica e etiquetar a conta @terra_atlantica. En outubro, seleccionarán as tres receitas que consigan máis “gústame” e as elexidas competirán en directo, nun dos establecementos de restauración adheridos á marca, polos premios que ofrece Terra Atlántica.

Costa da Morte Terra Atlántica ten programado tamén un laboratorio artístico en maio para mostrar todo o talento creativo que hai no territorio, así como propostas para os pequenos e as familias, no evento de Aventura de Xullo. As persoas interesadas poden obter información máis completa na web https://terratlantica.gal/.