Acompañamos ás Mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero
As Mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero (MLC) son espazos privilexiados para poñer en común información, contrastar dúbidas e fortalecer a confianza entre o persoal técnico de diversas áreas que atenden a mulleres en situación de violencia e ás súas fillas e fillos. Entre outras, están compostas polos Centros de información ás mulleres, área sanitaria, forzas e corpos de seguridade do Estado, áreas educativa e social, e tecido asociativo local. O obxectivo último das MLC é prestar unha atención integral e máis coordinada que avance cara a sociedades libres de violencias machistas.

O programa formativo, liderado pola Dirección Xeral de Loita contra a violencia de xénero, levounos pola xeografía galega a concellos e mancomunidades con distintas necesidades:
- Constituír formalmente a MLC, definindo en común obxectivos, periodicidade, responsabilidades, etc
- Impulsar á actividade da MLC, en aqueles lugares onde o espazo de coordinación está constituído, pero atopa desafíos para o seu desenvolvemento
- Acompañamento para a elaboración do protocolo local de coordinación, adaptado ás necesidades e recursos de cada concello
Sabías que existían estes espazos? Se queres máis información sobre estes espazos de coordinación, podes consultar esta guía.


























