Como participa a mocidade en Galicia?
Cal é o estado da participación da mocidade galega na actualidade? Cales son as barreiras e cales son os facilitadores para motivar ás persoas novas a participar? Ten cambiado o modelo de participación tradicional? Como se pode contribuír á promoción dunha cultura participativa con enfoque da Cidadanía Global entre a mocidade galega?
Estas son algunhas das preguntas nas que quere afondar Solidariedade Internacional de Galicia, que promove este estudo vinculado ao proxecto O Globo, sobre o que xa os falamos anteriormente.
Para achegarse ás claves da participación da mocidade galega, empregaranse diferentes fontes de información, como a revisión de bibliografía, a realización desta enquisa entre as persoas novas, e as achegas dun grupo motor. Se tes entre 14 e 30 anos, podes acceder á enquisa neste enlace: https://cutt.ly/cbvJTiq .
Convidámosvos a difundilo entre a mocidade ao voso arredor! A enquisa estará dispoñible ata o 23 de maio!