• Cidadanía
    • Que facemos
      • Participación
      • Investigación
      • Consultoría
      • Formación
    • Quen somos
    • Valores
    • Clientes
    • Redes
  • Actualidade
  • Publicacións
  • FEDER
  • Contacto
  • es
  • gl
  • Menu
logo
  • Cidadanía
    • Que facemos
      • Participación
      • Investigación
      • Consultoría
      • Formación
    • Quen somos
    • Valores
    • Clientes
    • Redes
  • Actualidade
  • Publicacións
  • FEDER
  • Contacto
  • es
  • gl
  • Menu
  • es
  • gl

Xornada de aprendizaxe colectiva: a equidade como proposta de valor das entidades de ESS

Publicado o 31 de Outubro de 2023 | Actualidade

A semana pasada achegábamonos á Pobra do Brollón para xuntarnos con compañeiras e compañeiros da Economía Social e Solidaria arredor da xornada “A equidade como proposta de valor das entidades de ESS”, organizada por REAS Galiza.

O encontro tivo como fío condutor a xeración dunha diagnose participativa sobre como aplicamos a equidade como valor dende a Economía Social e Solidaria. As conclusións e aprendizaxes compartidas ao longo da xornada plasmaranse nun recetario que ordenará as fórmulas compartidas, que podemos poñer en práctica na nosa vida e na contorna laboral.

E como tivemos a sorte de contar con Adela Vázquez Veiga, deixámosvos estes fermosos Memogramas que elaborou e que, ademais de recoller as conclusións e contidos da xornada, plasman o ambiente acolledor e de aprendizaxe colectivo.

Grazas a REAS Galiza por organizar este encontro, á Asociación veciñal de Salcedo por acollernos, e ás compañeiras de Outonía S. Coop. galega por achegarse a compartir.

Bono consolida

Publicado o 30 de Outubro de 2023 | Actualidade

Este ano foinos concedida unha axuda do Bono Consolida Economía Social. Dita axuda está destinada á adquisición de equipamento informático. Dita axuda foi concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal.

A Secretaría Xeral da Igualdade celebra unha xornada técnica dirixida aos Centros de Información á Muller

Publicado o 26 de Outubro de 2023 | Actualidade

O mércores 25 de outubro desenvolveuse unha xornada na Cidade da Cultura dirixida ás profesionais dos Centros de información ás mulleres (CIM), ao persoal técnico de servizos sociais e responsables políticos dos concellos galegos. Sandra Vázquez Domínguez, Secretaria Xeral da Igualdade, deu a benvida á xornada e presentou os obxectivos do encontro.

Dúas técnicas do grupo de traballo que colaboraron no deseño da caixa de ferramentas, presentaron os contidos das guías, elaboradas para apoiar á actividade das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero. A caixa de ferramentas inclúe materiais para a elaboración de protocolos de actuación, a organización de xornadas co tecido asociativo local, a divulgación de información arredor das mesas locais de coordinación á veciñanza, e unha proposta de metodoloxía para o traballo das mesas.

Na segunda parte da xornada desenvolveuse una Mesa Redonda moderada por Patricia Fernández López, Subdirectora Xeral para o tratamento da violencia de xénero, onde se presentaron diversos servizos e programas para a detección e abordaxe dos casos de violencia contra as mulleres. Na Mesa Redonda participaron representantes dos seguintes recursos:

  • Quenda de garda psicolóxica para mulleres e menores en situación de violencia de xénero (Colexio Oficial de Psicoloxía)
  • Atención psicolóxica e proceso de denuncia (Centro de Recuperación Integral)
  • A atención primaria na prevención da violencia de xénero (SERGAS)
  • A atención ás mulleres vítimas da trata e da explotación sexual (Rede Galega contra a Trata)

A xornada finalizou cun espazo de encontro entre profesionais, no que as 100 persoas asistentes compartiron información e intercambiaron experiencias.

Acompañamos aos GALP galegos na difusión do período FEMPA

Publicado o 24 de Outubro de 2023 | Actualidade

A Consellería do Mar publicou recentemente a convocatoria de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.

Estas semanas acompañamos ao GALP Ría de Arousa nun Encontro Informativo que reuníu ás confrarías, concellos e asociacións da zona costeira. A xerencia do Grupo compartíu información de relevancia sobre a orde de axudas, e desenvolveuse unha Mesa Redonda con mulleres promotoras de proxectos financiados polo GALP: Cordelería R de Lorenzo, Algas La Patrona e Atando aparellos. Este evento enmarcouse no programa O Sal do Mar.

Ademais, percorremos a Costa Ártabra acompañando ao GALP Golfo Ártabro Norte. “Pescamos ideas” é a campaña de divulgación do programa de axudas do FEMPA, que pretende dinamizar ao sector pesqueiro e ao conxunto das entidades locais na promoción de proxectos. Durante o mes de novembro desenvolveranse, todas as semanas, xornadas locais de divulgación do FEMPA nesta zona costeira.

Acompañamos tamén ao GALP Costa Sostible na difusión do programa de axudas entre a poboación da Ría Muros – Noia, a través do seu programa Horizonte 2027. O GALP Costa Sostible incide particularmente no desenvolvemento sustentable do territorio. A través da visibilización de exemplos de éxito desenvoltos ao abeiro dos fondos FEMP, as persoas promotoras trasladan a súa experiencia a aquelas entidades con interese en emprender co apoio do GALP. Neste caso contouse coa experiencia de economía colaborativa Daqui Darredor, e o proxecto de turismo Mariñeiro por un día.

O prazo de presentación de proxectos finaliza o 26 de outubro. Para máis información, consulta a páxina web dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro.

Ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago

Publicado o 19 de Outubro de 2023 | Actualidade

O Concello de Santiago, a través do CERSIA, desenvolveu o ciclo de Encontros Emprendedores, co obxectivo de difundir as liñas mestras da diagnose e o plan de acción da Axenda Urbana 2030. Estes encontros pretenden motivar o emprendemento de novas iniciativas mediante a posta en común de experiencias inspiradoras que xa están desenvolvendo a súa actividade empresarial no marco dos obxectivos de desenvolvemento sostible.

No verán contamos coa participación de Larlilás, asociación sen ánimo de lucro arredor da vivenda colaborativa na vellez. Este encontro xerou moito interese entre a cidadanía, e permitiunos repensar a vellez, o benestar e os coidados. Contamos ademais coa presenza de Iago Lestegás, Concelleiro de urbanismo, vivenda e cidade histórica, que compartiu algunhas claves sobre a vivenda e a calidade de vida no centro urbán.

Setembro foi o mes no que abordamos a temática Era Dixital, cristalizada en proxectos que empregan os medios telemáticos como unha parte importante o seu desenvolvemento. O Encontro Emprendedor reuniunos no espazo Creativas Galegas, arredor do proxecto El Camino ESS promovido por REAS Galicia. Esta iniciativa tece unha rede de proxectos de economía social e solidaria arredor do turismo alternativo, xerando un impacto positivo para o territorio e as persoas que habitan nel.

Esta semana celebramos o 9º Encontro Emprendedor, arredor do eixo temático Gobernanza. Coop57 Galiza, entidade referente e consolidada no territorio, achegounos ao seu funcionamento interno baixo os piares da participación, da democracia interna e da auto – organización. Ademais, puidemos aprender da súa actividade principal como instrumento financeiro ao servizo de proxectos transformadores no marco da economía social.

Se aínda non participaches, aínda estás a tempo! O último Encontro Emprendedor terá lugar no mes de novembro. Podes obter máis información sobre a Axenda Urbana 2030 na páxina web do Concello de Santiago.

Comezan os túnel dos viños das IXPs de Galicia

Publicado o 5 de Outubro de 2023 | Actualidade

Os Grupos de Desenvolvemento Rural galegos desenvolven este proxecto de cooperación arredor da actividade das adegas galegas e a posta en valor da calidade dos viños que producen.

O mes de outubro desenvolveranse os túnel do viño, que consisten na celebración de catas sobre os viños vinculados ás Indicacións Xeográficas Protexidas, comentadas polo sumiller Martiño Santos Canosa, e dirixidas a persoas do sector da hostelería e ao público xeral. Así mesmo, celebraranse Masterclass da man de Luis e Alejandro Paadin.

Anota as datas!

Martes 10 de Outubro – Edificio da Deputación Provincial de Lugo (Lugo)
Luns 16 de Outubro – Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense)
Luns 23 de Outubro – Espacio Muta (Vigo)
Luns 30 de Outubro – Aula de cata Paadín (A Coruña)

Podes inscribirte de balde no seguinte enlace.

O Sal do Mar: obradoiro de comunicación e liderado das mulleres do mar

Publicado o 2 de Outubro de 2023 | Actualidade

O Sal do Mar é un programa promovido polo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Arousa. O Sal do Mar ten como obxectivo dar a coñecer o programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), a través de obradoiros de formación e información arredor dos intereses das mulleres do mar. Neste obradoiro, a xerente do GALP compartiu coas asistentes as novidades do FEMPA e a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.

Habilidades dixitais, saúde sexual e reprodutiva, economía circular, benestar psicolóxico ou dereitos laborais e asociacionismo foron algunhas das temáticas abordadas en anteriores edicións. A semana pasada celebramos un obradoiro arredor das habilidades para falar en público e os liderados transformadores e colectivos, no que bateeiras e mariscadoras puxeron en práctica pautas e estratexias para reforzar estas capacidades.

Se ben é certo que as mulleres nas profesións do mar son hoxe en día máis visibles e contan con maior recoñecemento social, todavía son unha minoría nos postos de representación das entidades das que forman parte.

Redes sociais

Publicacións

  • Informe da fenda salarial da USC

    O presente informe recolle a análise da fenda salarial de xénero da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o ano 2023. A investigación Diagnose da fenda salarial e principais atrancos na carreira das profesoras e investigadoras da USC, ten como obxectivo central analizar a fenda salarial e o seu impacto no ámbito profesional nas mulleres docentes e investigadoras (PDI) da USC.

  • Mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero. Caixa de ferramentas

    A Secretaría Xeral da Igualdade publica este documento práctico, dirixido ás Mesas locais de coordinación inter-institucional contra a violencia de xénero. O obxectivo da caixa de ferramentas é brindar apoio ás entidades locais na posta en marcha de distintos recursos que faciliten o traballo destes espazos cooperativos. A caixa de ferramentas inclúe mecanismos de difusión […]

  • A participación en tempos de distanciamento

    A situación provocada pola COVID-19 fai que teñamos que revisar as formas nas que acompañabamos procesos participativos, para facelos compatibles co coidado da saúde de todas e todos. Neste texto, queremos compartir algunhas das estratexias que levaremos adiante nos próximos meses nos procesos participativos nos que estamos implicadas. Estas reflexións son un punto de partida […]

Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais, S. Coop. Galega.

R/ Pamplona 7, 2ºA
15707 Santiago de Compostela

  • +34 981 589 269
  • cidadania.coop
  • cidadania@cidadania.coop
  • Nota legal
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
Scroll to top
Aviso de cookies

(gl) Informámoslle de que este sitio web emprega cookies propias coa finalidade de permitir o se funcionamento. Pode ler máis información ao respecto na páxina de política de cookies. A continuación, poderá seleccionar os tipos de cookies que desexas autorizar.
(es) Le informamos que este sitio web utiliza cookies propias con la finalidad de permitir su funcionamiento. Puede leer más información al respecto en la página de política de cookies. A continuación, poderá seleccionar los tipos de cookies que desea autorizar.

Configuración cookiesAceptar

Privacy & Cookies Policy

Aviso de cookies. Configuración

(gl)Informámoslle de que este sitio web emprega cookies propias coa finalidade de permitir o se funcionamento. Pode ler máis información ao respecto na páxina de política de cookies. A continuación, poderá seleccionar os tipos de cookies que desexas autorizar.
(es)Le informamos que este sitio web utiliza cookies propias con la finalidad de permitir su funcionamiento. Puede leer más información al respecto en la página de política de cookies. A continuación, poderá seleccionar los tipos de cookies que desea autorizar.
Necessary
Sempre Activado
(gl) Necessary cookies son esenciais para o correcto funcionamento da web. Esta categoría só inclúe cookies que garantizan o funcionamento básico da web. Estas cookies non almacenan información persoal. (es) Necessary cookies son esenciales para el correcto funcionamiento de la web. Esta categoría solo incluye cookies que garantizan el funcionamiento básico de la web. Estas cookies no almacenan información personal.
GARDAR E ACEPTAR