Actualidade

Nove mares: os Camiños do mar e os seus Oficios nos espazos xeradores de cultura
Nove Mares: a cultura marítima da Costa da Morte, é unha iniciativa promovida pola Fundación Eduardo Pondal. A través dos espazos xeradores de cultura, indagamos sobre a relevancia da cultura mariñeira para o territorio como un dos principais motores de identidade diferencial e desenvolvemento socio económico da Costa da Morte.

Conclue o proceso de Orzamentos Participativos de Xuventude
Os orzamentos participativos son un proceso cidadá onde a veciñanza, neste caso a mocidade que reside, estuda ou traballa en Santiago de Compostela, decide o destino dunha parte do orzamento municipal. A xuventude votou propostas de actividades relacionadas co cine, a música, o coidado dos animais e a saúde, que serán desenvoltas ao longo do 2024 pola Concellería de Xuventude.

A singradura dos Nove Mares aborda a cultura marítima na Costa da Morte
Nove Mares é un proxecto desenvolto pola Fundación Eduardo Pondal, que aborda distintas temáticas vencelladas á cultura marítima, salientando iniciativas referentes e repensando as oportunidades para o fomento da economía azul no territorio.

Preséntase a diagnose da fenda salarial na USC
A Oficina de Igualdade de Xénero da USC ten como misión facer efectivo o compromiso da Universidade coa sociedade na consecución da igualdade real entre homes e mulleres. A elaboración da Diagnose sobre a Fenda Salarial na Universidade xirou entorno á análise de datos cuantitativos e os atrancos na carreira das profesoras e investigadoras da USC.