Actualidade

Aula Sostible Outeiriños
A Aula Sostible de Outeiriños estréase cuns obradoiros de artesanía relacionados co aproveitamento das redes de pesca en desuso. A asociación de mulleres do mar da Ría de Muros - Noia Costa Sostible, ADISBISMUR e MISELA participan desta formación, impartida pola Asociación Illa da Estrela.

Redeiras e mariscadoras amosan os seus oficios nos IES galegos
As escolas do mar pretenden prender a curiosidade da mocidade polos oficios do mar. Redeiras e mariscadoras da Costa da Morte e do Ortegal explican ao alumnado en que consiste o seu traballo, mentres que a rapazada indaga sobre a súa cultura mariñeira.

Participamos en Consolida+, organizada por EspazoCoop
O pasado venres, EspazoCoop organizou a xornada Consolida+, na que deu a coñecer os resultados do programa de acompañamento e 3 cooperativas consolidadas compartimos a nosa traxectoria coas persoas asistentes.

Comeza Mariscadoras ConCiencia na Ría de Vigo
ANMUPESCA promove Mariscadoras ConCiencia, un proxecto no que tecer pontes entre o ámbito científico - investigador e o sector do marisqueo a pé da Ría de Vigo. Ao longo destes meses visitaranse as zonas de extracción do fondo da Ría de Vigo, onde analizaremos no terreo a situación dos areais ante a mortandade los bivalvos.