Actualidade

Acompañamos aos GALP galegos na difusión do período FEMPA
A Consellería do Mar publicou as bases reguladoras das axudas baixo o período de fondos FEMPA. Acompañamos aos Grupos de acción local do sector pesqueiro en Galicia na súa difusión, a través de xornadas técnicas, encontros informativos e posta en común de experiencias de éxito no período anterior.

Ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago
Os Encontros Emprendedores do Concello de Santiago son espazos de reflexión e debate cidadá arredor dos eixos da Axenda Urbana 2030. O ciclo de encontros continúa arredor da vivenda, era dixital e gobernanza.

Comezan os túnel dos viños das IXPs de Galicia
As Indicacións Xeográficas Protexidas do viño galego teñen o obxectivo de impulsar o sector vitivinícola, establecendo canles de comunicación e cooperación entre elas e, ao tempo, favorecer o coñecemento dos produtos que elaboran as adegas, así como dos recursos enoturísticos que os rodean.

O Sal do Mar: obradoiro de comunicación e liderado das mulleres do mar
O Sal do Mar é un programa promovido polo GALP Ría de Arousa. Mediante xornadas de formación e información arredor de temáticas de interese das mulleres do mar, dase a coñecer ao Grupo de Acción Local do sector pesqueiro como ferramenta para o desenvolvemento económico da zona costeira.