Actualidade

O globo celebra o V Encontro anual
O globo é un proxecto promovido pola ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, que promove microexperiencias de transformación social a través da Educación para a Cidadania Global.

Recibimos a axuda Impacto Autónomo
Este ano recibimos a axuda do programa Impacto Autónomo, concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas e microempresas para facer fronte á situación económica xerada pola suba dos custos das materias primas e subministracións, que afectan e condicionan a actividade económica.

Presentado o estudo "Diagnose sociolaboral das redeiras de Galicia"
O Peirao, Federación galega de redeiras artesás, vén de presentar este estudo que acouta a este colectivo de mulleres do mar, aborda as condicións sociolaborais destas profesionais, e identifica os retos de futuro das redeiras galegas, un eslabón fundamental do sector pesqueiro.

Tanza recibe o recoñecemento da Red Española de Grupos de Pesca
Tanza é un proxecto de cooperación desenvolto polos Grupos de Acción Local Galegos para o impulso da economía circular. A iniciativa, desenvolta en distintos territorios, puxo en conversa ao sector pesqueiro e ao ámbito da inclusión social, no impulso de iniciativas conxuntas que cristalizaron en #BurelaIN, Ártabro Norte Inclusivo, #Diversiplás, Aula Sostible do Freixo e AMECOMAR.