Actualidade

O Sal do Mar: obradoiro de comunicación e liderado das mulleres do mar

O Sal do Mar é un programa promovido polo GALP Ría de Arousa. Mediante xornadas de formación e información arredor de temáticas de interese das mulleres do mar, dase a coñecer ao Grupo de Acción Local do sector pesqueiro como ferramenta para o desenvolvemento económico da zona costeira.

Cidadania está en instagram!

Dende Cidadanía abrimos esta nova canle de comunicación para mostrarvos os traballos nos que nos implicamos, facernos eco doutras iniciativas interesantes, e reforzar o contacto con quen estedes tamén por alí.