Actualidade

Arrancan os orzamentos participativos da mocidade de Compostela
Os orzamentos participativos son un proceso propositivo e de toma de decisións vinculantes onde a mocidade decide onde destinar 100.000 € do orzamento municipal para a programación de actividades que se desenvolverán ao longo do 2024.

Promovendo a educación para a cidadanía global da man do Globo
O Globo é un proxecto promovido por Solidariedade Internacional de Galicia que xira entorno á promoción de microexperiencias de transformación social, da educación para á cidadanía global e da participación social da mocidade e entidades sociais.

Constitúese a Asociación das IXP dos viños de Galicia
As Indicacións Xeográficas Protexidas dos viños galegos é un proxecto de cooperación promovido polos GDR galegos, cuxo obxectivo é promover e visibilizar a calidade dos viños e as adegas locais, vinculadas aos territorios.

REAS RdR publica o Balance Social 2023 da Economía Social e Solidaria
As empresas da Economía Social e Solidaria (ESS) levan máis de unha década desenvolvendo esta ferramenta de medición de impacto: un exercicio de transparencia do que xa son referentes. O Balance Social permite coñecer o estado de cumprimento dos principios da ESS: equidade, traballo digno, sostibilidade ambiental, cooperación, compromiso coa contorna e reparto xusto da riqueza.