Actualidade

REAS RdR publica o Balance Social 2023 da Economía Social e Solidaria
As empresas da Economía Social e Solidaria (ESS) levan máis de unha década desenvolvendo esta ferramenta de medición de impacto: un exercicio de transparencia do que xa son referentes. O Balance Social permite coñecer o estado de cumprimento dos principios da ESS: equidade, traballo digno, sostibilidade ambiental, cooperación, compromiso coa contorna e reparto xusto da riqueza.

Continuamos coa formación dirixida ás Mesas Locais de Coordinación contra a violencia machista
A Secretaría Xeral da Igualdade ofrece formación ás entidades locais para a constitución formal da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero. Así mesmo, acompañamos a aquelas Mesas Locais xa en funcionamento, para unha avaliación da súa operatividade e estratexias para o seu impulso.

Xornada de aprendizaxe colectiva: a equidade como proposta de valor das entidades de ESS
A finais de outubro acompañamos a REAS Galicia nesta xornada participativa arredor da Economía Social e Solidaria e os seus valores centrais, entre os que se atopa a equidade

Bono consolida
Este ano foinos concedida unha axuda do Bono Consolida Economía Social. Dita axuda está destinada á adquisición de equipamento informático. Dita axuda foi concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal.