Actualidade

Continúan os Encontros Emprendedores no marco da Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago
A Axenda Urbana 2030 define os retos de futuro e un plan de acción para Santiago de Compostela, elaborada de forma participativa ao longo do 2022. A través dos Encontros Emprendedores difúndese a Axenda Urbana, poñendo en valor iniciativas empresariais na contorna aliñadas cos seus eixos estratéxicos.

O Grupo de Desenvolvemento Rural de Pontevedra - Morrazo aproba a súa estratexia 2023 - 2027 para o período LEADER
A Asemblea Xeral do GDR Pontevedra aprobou a semana pasada a súa Estratexia de Desenvolvemento Local 2023 - 2027 para orientar os Fondos LEADER. O obxectivo xeral da estratexia é o de promover o emprego, o crecemento, a igualdade de xénero, a inclusión social e o desenvolvemento local do territorio.

Publicados os resultados da enquisa á comunidade científica do CESGA
O Centro de Supercomputación de Galicia é un servizo público a disposición da comunidade científica, que permite realizar operacións de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados para a Comunidade Científica Galega, o Sistema Académico Universitario e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

O globo celebra o V Encontro anual
O globo é un proxecto promovido pola ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, que promove microexperiencias de transformación social a través da Educación para a Cidadania Global.