Actualidade

Reportaxe de Cidadania en Mellor Xuntos

Reportaxe de Cidadania en Mellor Xuntos

Recentemente emitiuse no programa Mellor Xuntos da TVG unha reportaxe sobre varias cooperativas entre as que estaba Cidadania. Aínda que vos recomendamos ver o programa enteiro, podedes ver a nosa reportaxe a partir de 14:11. Para ver o programa: Premer aquí
Cidadanía participa no II Congreso de Economía Social e Solidaria

Participación no II Congreso de Economía Social e Solidaria

Entre o 10 e 12 de novembro imos estar presentes no II Congreso de Economía Social e Solidaria que vai ter lugar en Bilbao. En concreto, estamos colaborando na organización do Eixo 3: Desbordando potencias e límites. O tecido produtivo da Economía Social e Solidaria experimentou un gran desenvolvemento nos últimos anos. É necesario dar un salto cualitativo…
C2C conversacIoNes

Promover a economía social e solidaria.

A finais do ano pasado, Cidadanía participou no Encontro C2C Conversaciones, un encontro para a aprendizaxe e o intercabio entre diferentes persoas que traballamos na promoción da economía social e solidaria, organizado por REAS. Neste enlace están a disposición os materiais e conclusións do encontro, que queremos compartir con vós: http://emprendes.net/c2c/  

Declaración final do Foro de Metodoloxías Participativas

Cidadania participou no Foro de Metodoloxías Participativas celebrado en Madrid entre os días 22 e 24 de abril de 2016. Como conclusión deste Foro emitiuse a seguinte declaración colectiva: Reunidas case 400 persoas profesionais e activistas que usamos as metodoloxías participativas nos estados portugués e español, durante os días 22 a 24 de abril de…