Entries by Ana Lorenzo Vila

Publicación sobre Democracia Participativa

Cidadania é parte do conxunto de autoras e autores que sistematizan as súas experiencias en procesos de democracia participativa, e que conforman a publicación ‘Democracias participativas y desarrollo local’, editada pola Deputación de Málaga. Cidadania é responsable do artigo ‘Cooperativismo e economía social: experiencias para o desenvolvemento local’. Podes consultalo aquí http://cidadania.blogaliza.org/files/2011/07/MalagaEconomiaSocialDesarrolloLocal.pdf

e-cidadania en Lleida

Cidadania vén de presentar na Conferencia Internacional sobre Participación e novas tecnoloxías, a ferramenta e-cidadania. A Conferencia, organizada polo Observatorio Internacional da Democracia Participativa, foi lugar de encontro de diferentes experiencias de participación e diferentes ferramentas TIC ao servizo da mesma. Establecimos contacto con diferentes equipos de Brasil, Portugal, e sobre todo da propia Cataluña, […]

Estudo I+D+i en Cooperativas Galegas

Cidadania vén de publicar un estudo realizado en colaboración coa cooperativa Intergal, a Federación de Cooperativas Sinerxia e a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA sobre o grao de implantación das novas tecnoloxías nas cooperativas galegas. A edición conta co apoio da Xunta de Galicia. Podes acceder ao pdf aquí: http://cidadania.blogaliza.org/files/2011/03/EstadoI+D+iSectorCooperativoGalego.pdf

Xornada de empresas de inserción laboral

Promovida pola Plataforma polo Emprego, tivo lugar en Santiago o 22 de febreiro unha xornada para dar a coñecer estas empresas e as súas potencialidades na inserción laboral de colectivos en riscos de exclusión. O material de dita xornada pode consultarse aquí: http://cidadania.blogaliza.org/files/2011/02/SeminarioEILEntidadesIniciativaSocial.pdf

As TICs nas democracias participativas, Conferencia Internacional

Neste enlace ofrécese información que consideramos de alto interese sobre a celebración da XIª Conferencia sobre Democracias Participativas, que se centra na temática “Novas tecnoloxías e participación cidadá. Sociedade civil e instrumentos de participación”, que vai celebrarse en LLeida entre o 6 e o 9 de abril de 2011. http://www.lleidaparticipa.cat//index_web.php?ap=czo3OiJwb3J0YWRhIjs=&idw=czozOiIxNTkiOw==&idi=czozOiJjYXQiOw==

Guía sobre terreos eólicos

A Fundación Juana de Vega ven de publicar unha guía dirixida aos propietarios de terreos eólicos, e destinada a favorecer a súa posición negociadora diante das empresas enerxéticas. GuiaParaPropietariosTerreosEolicos

Bolsa da Fundación Caixanova para o Proxecto E-Cidadania

O pasado 13 de decembro de 2010 incorporouse ao noso equipo Oscar Carballal, como bolseiro da Fundación Caixanova para colaborar no proxecto de innovación E-Cidadania. Xa estamos obtendo moi bos resultados da súa colaboración, e presentaremos un propotipo da ferramenta de participación on-line nos próximos meses.