Entries by Ana Lorenzo Vila

DIAGNOSE COMUNITARIA DE TEIS

O Plan Comunitario de Teis vén de Publicar os resultados da Diagnose Comunitaria realizada durante os anos 2009 e 2010, na que tivo a oportunidade de colaborar Cidadania. O elemento diferenciador deste estudo é o seu carácter participativo e activo, sendo un exemplo de aplicación da metodoloxía do desenvolvemento comunitario e da investigación-acción-participativa. Pilotado polo […]

Asemblea de Cidade na Sexta TV

O sábado 18 de decembro realizouse a asemblea dos orzamentos participativos de Ferrol. Vai aquí o enlace a como foi atendida a nova desde La Sexta TV http://www.lasextanoticias.com/videos/ver/democracia_directa_en_ferrol/356562

Video explicativo do sistema de votación

De forma caseira, elaboramos un vídeo para explicar un proceso de votación que presenta dúas dificultades de partida: participará moita xente, polo que debe prever un reconto áxil; e inclúe non só a eleción de 10 propostas, senón a súa priorización.

Cidadania no Congreso de Democracia Participativa

Entre o 15 e o 17 de decembro, celébrase en Málaga o Congreso de Democracia Participativa e Desenvolvemento Local, onde se abordarán reflexions metodolóxiacas e experiencias prácticas en torno a diferentes ámbitos da democracia de base: deseño de políticas públicas, orzamentos participativos, o dereito á cidade, a economía social e a participación no deseño do […]

Proxecto Fénix: a Educación Ambiental en Galicia

Xa está publicado o estudo sobre o estado de situación da educación ambiental na Galicia. Recolle unha parte demoscópica na que ten colaborado Cidadania, ademais de estudos nos ámbitos da profesionalización do sector, as accións municipais, as encadradas no ensino, as do movemento asociativo e ecoloxista, a situación dos equipamentos ambientais e unha aproximación á […]

I Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía

Cidadania vén de participar neste Congreso que se celebrou en Vitoria-Gasteiz entre o 24 e o 26 de novembro. Fomos xunto co equipo técnico de participación do Concello de Ferrol. Luís García presentou a experiencia do Regulamento de Participación Cidadá.Puidemos informarnos de moitas experiencias, pero quedounos ganas de coñecelas máis a fondo e botamos en […]

Foros Cívicos en Ferrol

Cidadania está a colaborar co Concello de Ferrol na celebración de cinco foros cívicos sobre diferentes temas de interese. Os foros cívicos, contemplados no regulamento de participación cidadá, foron aprobados tamén no proceso de orzamentos participativos de 2009. Celébranse durante os meses de novembro e decembro de 2010.

Congreso de cooperativas de ensino 2012

En 2012 a unión galega de cooperativas de ensino, UCETAG, será anfitriona aquí en Galicia do Congreso estatal das cooperativas de ensino. Para anunciar esta cita, Cidadania e a cooperativa audiovisual Fungo, realizaron un vídeo que se presentou o pasado outubro no Congreso que se celebrou este ano en Murcia. O vídeo fixo rir a […]