Nove Mares chega a porto cos últimos espazos xeradores de cultura
Ao longo dos últimos meses a Costa da Morte acolleu os espazos xeradores de cultura, lugares para a reflexión e o intercambio arredor de distintas temáticas: as romarías, os deportes, os camiños e os oficios, deron paso á lingua e á despensa do mar. Estes espazos puxeron en valor iniciativas desenvoltas no territorio, que son referentes da Economía Azul, e deron pé a indagar de maneira colectiva sobre novas posibilidades para o desenvolvemento económico sostible da Costa da Morte.
A despensa do mar
A confraría de Laxe abría as súas portas para falar arredor dos produtos pesqueiros, unha das sinais de identidade da zona costeira. As poñencias correron a cargo de Xosé Regueira, vicepresidente de la Deputación da Coruña, que expuxo o proxecto Fogóns do Anllóns;Jorge Guitián, periodista, divulgador e crítico gastronómico, e Antonio Otín, do Forno de Guísamo, ben coñecido polas súas Empanadas do Mar. A Fundación Eduardo Pondal acolleu a segunda sesión, centrada na gastronomía local.
As artes do mar
O Museo Man de Camelle, espazo simbólico das artes do mar, acolleu este espazo xerador de cultura arredor das artes. Bernardino Martínez trazou un percorrido das representacións artísticas históricas na Costa da Morte, dando paso a Virginia Barros, que abordou distintas intervencións artísticas con material de refugallo de Mar de Fabula. Despois, Belem Tajes abordou o impacto da Costa da Morte na súa música, e tamén das súas recollas da música tradicional.
A língua
O Coído de Sabadelle, no concello de Vimianzo, foi o escenario onde se desenvolveu o último espazo xerador de cultura. Ademais do mar, o protagonismo foi para o poeta e narrador de Ponte do Porto Rafael Lema, e o empresario soneirán Ricardo Álvarez do proxecto «Auga de mar». O espazo natural deu lugar a sacar á luz a importancia deste enclave baleeiro, e tamén a desenvolver un obradoiro poético. Despois, o Castelo de Vimianzo abriu ás súas portas ás conclusións xerais extraídas dos espazos xeradores de cultura.
Pero os Nove Mares non rematan aquí! Segue as súas redes para ter información sobre as novidades.