Neste encontro elaboráronse 8 propostas gastronómicas vencelladas ás romarías da Costa da Morte, festas de grande tradición que forman parte do patrimonio inmaterial. Produtos do mar, do agro e da artesanía da Costa da Morte conversaron para elaborar e degustar os produtos desta zona, que destacan pola súa calidade.
A rede de colaboración entre entidades da Costa Sostible vai medrando!
Como ben sabedes, a Aula Sostible do Freixo consolídase na Ría de Muros-Noia como espazo de promoción da economía circular, onde asociacións de persoas con diversidade e mulleres do mar xuntan forzas e creatividade para converter plásticos dos areais e do noso día a día, en pezas de utilidade para o sector pesqueiro.
Neste 2024, co apoio do GALP Costa Sostible, nace a Aula Sostible dos Outeiriños no Concello de Muros…e xa estrearon actividades! A asociación de redeiras Illa da Estrela de Cormeimpartiu obradoiros de artesanía empregando redes de pesca, onde ADISBISMUR, a asociación de mulleres do mar Ría de Muros-Noia Costa Sostible, e MISELA, puxeron en marcha a súa creatividade para continuar fortalecendo a sostibilidade do entorno.
Un dos maiores retos aos que se enfronta o sector pesqueiro en Galicia é o do relevo xeracional. Vilas mariñeiras que creceron grazas á pesca, ao marisqueo, ao traballo nas conserveiras ou á reparación das redes de pesca…oficios que, no presente, perderon influencia económica e social. Nalgúns casos, estes oficios son grandes descoñecidos pola mocidade local, polo que mariscadoras e redeiras do Ortegal e da Costa da Morte están desenvolvendo obradoiros en institutos, nos que amosan o seu traballo. Queremos agradecer á mocidade a súa curiosidade e participación nos obradoiros!
Pero nas escolas do mar non só as mulleres amosan as súas profesións, senón que a rapazada indaga, a través de imaxes e obxectos, no seu entorno familiar e social, para atopar cales son os seus vínculos co mundo do mar: nasas dos portos, fotografías familiares antigas, carnets antigos de marisqueo, vellas agullas de redes…son algúns dos tesouros que xa atopamos! Que mais nos depararán as Escolas do mar?
O pasado venres participamos xunto con Xeiturae Rexenerandonunha xornada na que reflexionamos e compartimos as traxectorias dos nosos proxectos cooperativos.
A xornada, organizada por EspazoCoop, tivo por obxectivo dar a coñecer o programa Consolida+, que consiste na prestación gratuita de asesoramento a cooperativas en funcionamento, para acompañalas no proceso de consolidarse no eido empresarial. A mesa redonda na que participamos estas tres cooperativas con certa traxectoria, permitíu poñer en común a importancia dos acompañamentos, os retos de futuro e a importancia da intercooperación, entre outras cuestións de relevancia.
Estreáronse tamén vídeos de cooperativas consolidadas, elaborados por EspazoCoop: Árbore Consumo Consciente, Aventeirae Miraxe! E por se fóra pouco, 50 pés foi tamén salientada coa boa práctica, compartindo coas persoas asistentes os seus proxectos estrela. Botádelle un ollo a todas estas iniciativas da economía social e solidaria!
(gl) Informámoslle de que este sitio web emprega cookies propias coa finalidade de permitir o se funcionamento. Pode ler máis información ao respecto na páxina de política de cookies. A continuación, poderá seleccionar os tipos de cookies que desexas autorizar.
(es) Le informamos que este sitio web utiliza cookies propias con la finalidad de permitir su funcionamiento. Puede leer más información al respecto en la página de política de cookies. A continuación, poderá seleccionar los tipos de cookies que desea autorizar.
(gl)Informámoslle de que este sitio web emprega cookies propias coa finalidade de permitir o se funcionamento. Pode ler máis información ao respecto na páxina de política de cookies. A continuación, poderá seleccionar os tipos de cookies que desexas autorizar.
(es)Le informamos que este sitio web utiliza cookies propias con la finalidad de permitir su funcionamiento. Puede leer más información al respecto en la página de política de cookies. A continuación, poderá seleccionar los tipos de cookies que desea autorizar.
(gl) Necessary cookies son esenciais para o correcto funcionamento da web. Esta categoría só inclúe cookies que garantizan o funcionamento básico da web. Estas cookies non almacenan información persoal.
(es) Necessary cookies son esenciales para el correcto funcionamiento de la web. Esta categoría solo incluye cookies que garantizan el funcionamiento básico de la web. Estas cookies no almacenan información personal.