Actualidade

Bono Consolida

Este ano foinos concedida unha axuda do Bono Consolida Economía Social. Dita axuda está destinada á adquisición de equipamento informático. Dita axuda foi concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal.

III Encontro anual do Globo

O Globo é un proxecto promovido pola ONGd Solidariedade Internacional de Galicia, con quen colaboramos dende os inicios desta iniciativa colectiva, que ten como obxectivo promover a educación para a cidadanía global. Anualmente celebramos un encontro, no que poñemos en común as micro - experiencias de transformación social promovidas, e fomentamos a xeración…

O impulso dos viños e o enoturismo a través das IXP de Galicia

Grupos de Desenvolvemento Rural cooperan no proxecto «Dinamización e promoción das IXP de Viños de Galicia» para favorecer a comunicación e cooperación entre adegueiros, poñendo en valor a calidade dos seus viños, así como os recursos patrimoniais, paisaxísticos e gastronómicos das súas comarcas para situalas como destinos enoturísticos privilexiados,…

Celebramos a xornada final do proxecto Tanza

O proxecto Tanza, que comezara no 2020 promovendo a cooperación entre distintos GALP galegos, rematou a semana pasada nunha xornada na que se presentaron as iniciativas resultantes. Logo de fomentar o achegamento entre o sector pesqueiro e as entidades de inclusión social en cada territorio, algunhas entidades decidiron colaborar na promoción de proxectos…