Actualidade

Un grupo de mulleres mariscadoras da Ría de Muros – Noia participan nun curso de formación dinamizado por Cidadanía

Cidadanía, en colaboración co GALP Costa Sostible, está a dinamizar un obradoiro de formación dirixido ás mulleres do mar, co obxectivo de reforzar as súas habilidades sociais e facer máis eficaces as súas asembleas e espazos de participación. A través de distintas actividades individuais e grupais, as mulleres participantes están traballando…

Ben Mercado, a tenda da Economía Social Galega

A pasada fin de semana celebrouse en Vigo a Mostra de Economía Social, onde Ben Mercado participou cun stand para darse a coñecer como portal de produtos locais galegos a favor dun consumo consciente. Os produtos e servizos de Ben Mercado están realizados respectando os principios da democracia e a igualdade. Actualmente hai mais de 20 empresas vendendo…

Formacións cooperativas

Hai unhas semanas anunciabamos o comezo dos cursos de formación organizados por Espazocoop e impartidos por Cidadanía dirixidos a fortalecer a organización das entidades da economía social: asembleas e reunións e regulamento de réxime interno nas cooperativas. Ademais dos nosos propios materiais, que podedes consultar no apartado de publicacións da…