Entries by armando.broz

Acompañamento ás Mesas Locais de coordinación inter-institucional contra a violencia de xénero

Ao longo destes últimos meses estivemos traballando, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, na activación e posta en marcha das Mesas Locais de Coordinación Inter-institucional contra a violencia de xénero en diferentes concellos galegos. Este proxecto ten como obxectivo facilitar o traballo grupal e reforzar a participación dos e das axentes implicados nas Mesas […]

Os agasallos do Nadal, coa economía social

Dende Cidadanía queremos compartir esta campaña promovida por REAS, baseada nos principios da economía social: Solidariedade Consumo responsable Equidade Sostibilidade Cooperación Nestas datas de maior consumo, é importante continuar sendo coherentes cos valores que defendemos, e desfrutar destas datas promovendo un consumo responsable e, a poder ser, apoiando á economía social!

Presentamos as conclusións sobre a situación profesional das mulleres da Ría de Arousa

Mediante este proxecto promovido polo Grupo de acción local do sector pesqueiro da Ría de Arousa, pretendeuse poñer en valor a actividade profesional que realizan as mulleres do mar na Ría de Arousa, así como os avances conseguidos en materia de igualdade no sector. Mediante a recompilación e a análise de datos obtívose unha fotografía […]

V Congreso de Cidades Amigas da Infancia de UNICEF

Os días 25 e 26 de novembro celébrase en Madrid o V Congreso de Cidades Amigas da Infancia, organizado por UNICEF. Estas dúas xornadas, no marco do 30 aniversario da Declaración dos dereitos do Neno, teñen como protagonista o dereito á participación infantil e adolescente. A iniciativa das Cidades Amigas da Infancia é un recoñecemento […]

Viveiro co-creador: creando comunidade en Barro – Meis

Ao longo do mes de outubro, Cidadanía coordinou un espazo de encontro e coñecemento entre as empresas que forman parte do Viveiro de Barro – Meis, impulsado dende a Deputación de Pontevedra. As persoas emprendedoras que teñen a súa actividade instalada no Viveiro reuníronse para identificar en grupo elementos e necesidades comúns, de cara a […]

“É colaboración todo o que o parece?” – Xornada Espazo Coop

EspazoCoop promove a celebración da xornada “Novas economías: é colaboración todo o que o parece?”, que terá lugar o luns 28 de outubro en Vigo. Na xornada abordaranse novas formas de economía como a Economía do Ben Común, B-Corporations, Economía circular, da funcionalidade, feminista, positiva, procomún, colaborativa, social e solidaria; e diversidade de cores, entre […]

Escola de apoderamento de mulleres no rural

A cooperativa galega Arabías, en colaboración coa Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego e a Deputación da Coruña, acaban de poñer en marcha a segunda edición desta iniciativa, que persegue traballar coas mulleres participantes o asociacionismo, o recoñecemento da voz propia, e a dixitalización das mulleres do rural. Compartimos o seguinte vídeo, no que […]

Recomendacións para frear o declive demográfico

Entre 2012 e 2016 desenvolveuse o Proxecto Symbios, como espazo de reflexión e participación en torno aos retos demográficos e a exclusión territorial. Pola súa notable vixencia, compartimos este vídeo que recolle as aprendizaxes de dito proxecto, onde se resumen as principais claves identificadas.

Impúlsase nas rías de Arousa e Muros – Noia a dinamización do sector pesqueiro para fomentar proxectos innovadores relacionados co crecemento azul

Durante o mes de xullo Cidadanía mantivo as primeiras reunións e entrevistas con distintas persoas profesionais do mar, para presentar esta iniciativa promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. O Crecemento Azul entende o desenvolvemento local como un modelo baseado en estratexias de dinamización e cooperación entre axentes locais, que poñan en valor os recursos […]