Entries by armando.broz

Consume Dentro e ensancha a alma da Economía Solidaria

REAS Red de Redes e a Comisión do mercado Social lanzan unha nova campaña para fomentar o consumo de todas as persoas do circuíto da Economía Solidaria. Para isto, crearon esta web na que podes rexistrar os teus consumos habituais, así como mirar ofertas doutras entidades. ¿Qué pasaría se a Economía Solidaria consumira dentro da […]

Participamos no Encontro de entidades da economía social e do terceiro sector, organizado por REAS Galicia

Esta semana, Reas Galicia organizou un encontro en liña no que poñer en común ás entidades galegas de economía social, con ONGDs e entidades do terceiro sector, achegando actividades, produtos e servizos nos que están implicadas as entidades da economía social galega. Este é o enlace á grabación da xuntanza, no que podedes ver a […]

Esta semana celebramos o Encontro de conclusións do proxecto de igualdade no mar, promovido polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa

A xornada contou coa benvida institucional da presidenta do GALP e patroa maior de Vilanova de Arousa, así como coa Concelleira de Igualdade do Concello de Boiro, e a intervención de Rosa Quintana, Conselleira do Mar. As conclusións e aprendizaxes ao longo destes meses foron compartidas polas propias mulleres participantes no proxecto, que tomaron a […]

A mostra do posible

Esta fin de semana celébrase en Cangas a Mostra do Posible, un encontro de entidades de economía solidaria e movementos sociais, mediante o que faise visible que existen alternativas para construír un mundo mais xusto. As empresas de economía solidaria buscan cooperar en lugar de competir, e os movementos sociais inflúen na toma de decisións […]

Axudas por incorporación de nova socia

Este ano foinos concedido unha axuda pola incorporación de Ana González García como nova socia de Cidadania. Dita axuda enmarcase dentro do programa APROL-Economía Social, que está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

O Ministerio de Igualdade publica os resultados da macroenquisa sobre violencia contra as mulleres

Esta enquisa, que se realiza aproximadamente cada 4 anos, permite coñecer a prevalencia da violencia exercida contra as mulleres polo feito de ser mulleres. Como novidades, nas entrevistas levadas a cabo ampliáronse os temas a explorar, adaptándose ás directrices do Convenio de Estambul e dando resposta a medidas contempladas no Pacto de Estado contra a […]

A participación en tempos de distancia social

Dende Cidadanía queremos compartir as nosas reflexións sobre as posibilidades de adaptar os espazos de participación aos requerimentos de distanciamento e seguridade que impón a situación provocada pola COVID-19. Se ben a presencia física e as reunións cara a cara son o formato preferente sobre o que se constrúen os espazos de participación, esta nova […]

REAS RdR cumpre 25 anos e convida ás entidades da ESS a participar no Balance Social 2020

“Non aceptes o habitual como cousa natural. Porque en tempos de desorde, de confusión organizada, de humanidade deshumanizada, nada debe parecer natural. Nada debe parecer imposible de cambiar” Bertolt Brecht REAS Red de Redes leva 25 anos traballando baixo esta idea, construíndo un tecido de iniciativas que, dende a sostibilidade e a autoxestión, demostran a […]