Entries by armando.broz

Celebramos a xornada final do proxecto Tanza

O proxecto Tanza, que comezara no 2020 promovendo a cooperación entre distintos GALP galegos, rematou a semana pasada nunha xornada na que se presentaron as iniciativas resultantes. Logo de fomentar o achegamento entre o sector pesqueiro e as entidades de inclusión social en cada territorio, algunhas entidades decidiron colaborar na promoción de proxectos cuxo eixo […]

O Sal do Mar

Este mes rematou o proxecto promovido polo GALP Ría de Arousa chamado “O Sal do Mar: avanzar compartindo“, coas mulleres do mar como protagonistas. Este proxecto de dinamización pretende achegar os fondos do FEMP ao colectivo de mulleres do sector pesqueiro, mediante a realización de xornadas e formacións en base aos seus intereses. Neste ano, […]

Arranca Diversiplás: traballando dende a inclusión para unha Costa da Morte máis sostible

Coordinado pola asociación Íntegro, co apoio do GALP Costa da Morte e o financiamento do Fondo Social Europeo Marítimo e de Pesca e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, nace “#Diversiplás, + diverso – plástico”. Este proxecto ten como obxectivo a recuperación e a valorización de residuos plásticos derivados da actividade marisqueira e […]

Desenvolvemos un obradoiro para que os clubes e asociacións deportivas do Concello de Teo sexan espazos que favorecen a igualdade e o respecto

En colaboración co Centro de Información ás Mulleres do Concello de Teo, vimos de desenvolver un obradoiro no que promover a igualdade de xénero no deporte. Na xornada traballamos con representantes de clubes e asociacións deportivas de base, analizando as prácticas que desenvolven (no tipo de actividades que ofertan, a participación de mulleres nos espazos […]

Visitamos o LabPlast no proxecto Tanza: transformando os plásticos para unha economía circular

O proxecto Tanza continúa tirando do fío na promoción de iniciativas de economía circular, a través da colaboración entre o sector pesqueiro e o da inclusión social. Despois de identificar necesidades do sector pesqueiro no ano 2020,  e de poñer en marcha a creatividade para procurar posibilidades de colaboración, os distintos GALP galegos, as entidades […]

Como participa a mocidade en Galicia?

Cal é o estado da participación da mocidade galega na actualidade? Cales son as barreiras e cales son os facilitadores para motivar ás persoas novas a participar? Ten cambiado o modelo de participación tradicional? Como se pode contribuír á promoción dunha cultura participativa con enfoque da Cidadanía Global entre a mocidade galega? Estas son algunhas […]

As mulleres na economía social e solidaria: balance social 2020

Hoxe queremos facernos eco deste artigo publicado na Pikara Magazine, con reflexións dende a perspectiva de xénero sobre o balance social do 2020, elaborado por REAS Red de Redes. Algunhas cifras que chaman a atención teñen que ver coa alta representación de mulleres que forman parte da economía social como socias ou traballadoras (que supoñen […]

O proxecto Rías Sostibles finaliza este venres en Muros

O proxecto Rías Sostibles pón o broche final ao traballo desenvolto ao longo de 2020 cunha xornada de divulgación da iniciativa na Fábrica de Sel do Concello de Muros. No encontro presentarase ás persoas asistentes a Guía de Boas Prácticas no Sector Pesqueiro para reducir o lixo mariño, o vídeo documental Rías Sostibles -onde se […]

8 de marzo os 365 días do ano

Un ano máis, as mulleres que traballamos en Cidadanía participamos da folga do 8 de marzo, co convencemento de que continúa sendo necesario apoiar as reivindicacións das mulleres en canto ás desigualdades no mundo laboral (e no resto de ámbitos dos que formamos parte). Pasada esta data de reivindicación e visibilización das desigualdades, parécenos moi […]