Visitamos o LabPlast no proxecto Tanza: transformando os plásticos para unha economía circular
O proxecto Tanza continúa tirando do fío na promoción de iniciativas de economía circular, a través da colaboración entre o sector pesqueiro e o da inclusión social. Despois de identificar necesidades do sector pesqueiro no ano 2020, e de poñer en marcha a creatividade para procurar posibilidades de colaboración, os distintos GALP galegos, as entidades e empresas do sector pesqueiro, entidades locais, e as asociacións que traballan pola inclusión social, atoparon como colaborar conxuntamente no eido da sostibilidade. Por iso, a semana pasada visitamos o laboratorio de plásticos do Campus de Ferrol, xa que o proceso de transformación dos plásticos é un paso imprescindible para o desenvolvemento destes proxectos de economía circular.