Presentamos os resultados sobre corresponsabilidade na USC
A unidade de igualdade da Universidade de Santiago de Compostela organizou unha xornada de reflexión sobre os coidados e a igualdade na comunidade universitaria. A investigación, dirixida ao alumnado universitario, tiña por obxectivos:
- Recoller a valoración e a percepción do estudantado da USC respecto das dinámicas de traballo doméstico e familiar, en relación aos modelos de fogares nos que residen.
- Analizar os diferentes tipos de traballos realizados e de xestión de coidados (emocionais e físicos) que asumen mulleres e homes e a valoración sobre o reparto de responsabilidades.
- Identificar necesidades e propostas en materia de promoción da igualdade de xénero.
Durante a xornada puxemos en común os resultados da enquisa, que podedes consultar neste enlace. Así mesmo, puidemos compartir mesa con Jorge García Marín, profesor do Departamento de Ciencias Políticas e Socioloxía da USC.
