Actualidade

Curso Experto Universitario en Xestión Cultural USC
O venres 17 de outubro impartimos a sesión sobre técnicas de investigación social no Curso Experto Universitario en Xestión Cultural organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
A sesión desenvolveuse con prácticas e dinámicas de participación activa e nela cuestionamos o concepto de necesidade, practicamos técnicas de análise cuantitativa…

Presentación do informe de avaliación dos Grupos de Acción Costeira
O 15 de xullo celebrouse na Finca Somoza en Santiago de Compostela a presentación da avaliación social e organizativa do Eixe IV do Fondo Europeo de Pesca para os Grupos de Acción Costeira.
O principal obxectivo deste encontro organizado pola Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia era presentar os resultados obtidos do informe e sinalar…

Cooperativismo: sustentabilidade e innovación social
Cidadania participou neste encontro cun relatorio sobre como por en marcha unha cooperativa de servizos sociais. O encontro, organizado pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, celebrouse o venres 4 de xullo no Centro Agora da Coruña e contou coa presenza de numerosas cooperativas deste ámbito como Suara, El Orrio, Trabensol, Fundación COCOPE,…

II Seminario técnico proxecto Symbios
O pasado 19 de xuño celebrouse no Museo do Pobo Galego o II Seminario técnico do proxecto Symbios, organizado pola Dirección Xeral de Familia e Inclusión e coordinado tecnicamente por Cidadania. Neste seminario analizáronse diferentes iniciativas de ámbito europeo que traballan pola inclusión social de territorios en declive demográfico.
Cidadania…