Publicacións

Informe de avaliación de impacto de formación

Plan interadministrativo 2005. FEGAMP Federación Galega de Municipios e Províncias. 2005 Este informe lévase realizando para diferentes anos e a súa finalidade é efectuar unha avaliación da calidade das accións formativas desenvoltas pola Federación Galega de Municipios e Provincias por parte das persoas asistentes. Mediante enquisas presenciais e teléfonicas…

Guía para a elaboración de orzamentos participativos

Concello de Ferrol. Área de Participación Cidadán. 2009 Durante os anos 2009, 2010 e 2012 desenvolveuse no concello de Ferrol unha experiencia de Orzamentos Participativos, un proceso polo cal a poboación define o destino de parte dos recursos públicos municipais. A guía recolle información útil para deseñar e coordinar a participación das persoas nos…

Guía de recursos para as familias

Xunta de Galicia. Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Secretaría Xeral de Igualdade. 2008 Nesta guía recollense os principais recursos destinados á mellora das condicións de vida das familias por parte das Administracións e entidades sociais. Os recursos recollidos abranguen as prestacións, permisos e excedencias, beneficios fiscais, plans e programas,…

Catálogo de perfís profesionais

Xunta de Galicia. Consellería de Traballo. Dirección Xeral de Formación e Colocación. Instituto Galego das Cualificacións 2006. O catálogo recolle unha caracterización dos perfís profesionais cun maior aumento na contratación nun período de cinco anos. Os perfís foron elaborados mediante a análise de fontes documentais e as achegas de expertos ocupacionais.…

Avaliación do Plan Estratéxico do Cooperativismo

Para realizar a avaliación do primeiro Plan Estratexico do Cooperativismo tomáronse en consideración tanto as fontes de información de carácter documental e estatístico como as achegas de persoas e entidades do sector