Publícase a caixa de ferramentas para as Mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero
A Secretaría Xeral da Igualdade publica este documento práctico, dirixido ás Mesas locais de coordinación inter-institucional contra a violencia de xénero. O obxectivo da caixa de ferramentas é brindar apoio ás entidades locais na posta en marcha de distintos recursos que faciliten o traballo destes espazos cooperativos.