Entries by armando.broz

As IXPs dos viños galegos continúan medrando

Viños das IXP de Galicia é un proxecto de cooperación dos Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran adegas repartidas entre as cinco Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia. Impúlsase o sector vitivinícola a travñes das canles de comunicación e cooperación, ao tempo que se favorece o coñecemento dos produtos que elaboran as adegas e os recursos enoturísticos.

Recibimos a axuda Impacto Autónomo

Este ano recibimos a axuda do programa Impacto Autónomo, concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas e microempresas para facer fronte á situación económica xerada pola suba dos custos das materias primas e subministracións, que afectan e condicionan a actividade económica.

Tanza recibe o recoñecemento da Red Española de Grupos de Pesca

Tanza é un proxecto de cooperación desenvolto polos Grupos de Acción Local Galegos para o impulso da economía circular. A iniciativa, desenvolta en distintos territorios, puxo en conversa ao sector pesqueiro e ao ámbito da inclusión social, no impulso de iniciativas conxuntas que cristalizaron en #BurelaIN, Ártabro Norte Inclusivo, #Diversiplás, Aula Sostible do Freixo e AMECOMAR.