Entries by armando.broz

Comeza Mariscadoras ConCiencia na Ría de Vigo

ANMUPESCA promove Mariscadoras ConCiencia, un proxecto no que tecer pontes entre o ámbito científico – investigador e o sector do marisqueo a pé da Ría de Vigo. Ao longo destes meses visitaranse as zonas de extracción do fondo da Ría de Vigo, onde analizaremos no terreo a situación dos areais ante a mortandade los bivalvos.

Inaugúrase a exposición Elas Deciden: Corpo, territorio e paz

Inaugúrase, no Museo do Pobo Galego, a exposición de mulleres da pesca costeira artesanal do Salvador e Galicia. Elas Deciden: corpo, territorio e paz, é un proxecto promovido por Asamblea de Cooperación pola Paz Galicia, que promove a igualdade de xénero e a construcción colectiva de alternativas de xustiza social.

Miranda: divulgación dos oficios do mar das mulleres de Cariño

Mariscadoras e redeiras de Cariño desenvolverán un programa de divulgación dos seus oficios entre a mocidade da vila. Ademais, xunto co sector pesqueiro da zona da Mariña – Ortegal, fortalecerán redes de contacto e definirán, en conxunto, problemáticas e solucións aos principais retos do sector pesqueiro da zona.