Nova edición das romarías a través da gastronomía!
A marca Costa da Morte – Terra Atlántica presenta a segunda edición das Romarías da Costa da Morte, onde se interpretan estas festas comunitarias coa gastronomía e produto local.
This author has yet to write their bio.Meanwhile lets just say that we are proud armando.broz contributed a whooping 207 entries.
A marca Costa da Morte – Terra Atlántica presenta a segunda edición das Romarías da Costa da Morte, onde se interpretan estas festas comunitarias coa gastronomía e produto local.
A Mesa local de coordinación contra a violencia de xénero do Concello de Avión presenta o seu protocolo de coordinación, abordando os itinerarios, mapa de recursos e canles de comunicación para mellorar a atención integral ás mulleres en situación de violencia machista.
Un grupo de mulleres participa nun programa formativo práctico sobre elaboración e transformación de produtos do agro e do mar, promovido pola Concellería de emprego do Concello de Miño.
Achegámonos ao campus Lugo para compartir os resultados da diagnose sobre corresponsabilidade na USC. Ademais, a xornada de reflexión para a comunidade universitaria acolle unha conversa sobre as novas masculinidades.
O GDR Costa da Morte pon en valor a gastronomía local, reinterpretando as 9 romarías do territorio en receitas con produtos estrela da Costa da Morte.
Esta iniciativa xirou arredor da recuperación do patrimonio material e inmaterial pesqueiro de Burela. O elemento principal é o molde do faro Pena Burela, reparado e instalado no paseo da Marosa. A pé de mar albérganse testemuñas, saberes e sensacións plasmadas pola obra artística “La piel del Mar” de David Catá.
Este proxecto conxunto das confrarías de Pontedeume e Barallobre procura fomentar o consumo en fresco e a conserva artesanal da ostra rizada, unha especie en auxe na zona que é preciso poñer en valor
A pasada semana participamos, xunto con outras compañeiras da economía social de Compostela, na xornada “Transformando a cidade dende o cooperativismo”, enmarcada na celebración do Ano Internacional das Cooperativas
O proxecto, financiado pola Fundación Daniel y Nina Carasso, trata de imaxinar e construír futuros sostibles poñendo en común miradas diversas. Neste caso colaboraremos artistas, persoal investigador, mariscadoras a pé, e o Concello de Redondela, coa vista posta na enseada de San Simón.
Asistimos un ano máis á xornada de resultados do programa CONSOLIDA+ liderado por EspazoCoop, onde nos atopamos con compañeiras da economía social e solidaria e compartimos información de interese.
Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais, S. Coop. Galega.
R/ Pamplona 7, 2ºA
15707 Santiago de Compostela